Santiago de Compostela
Santiago sustentable
ACCIÓNS E ÁMBITOS TEMÁTICOS: AS 4 P
As accións que se presentan a seguir representan os elementos operativos que se veñen levando a cabo no Concello de Santiago de Compostela desde 2016 e que van na liña da Axenda 2030. Cómpre advertir que non é unha relación exhaustiva, senón que pretende ser unha mostra representativa das que concordan cos ODS e coas metas que marca a devandita axenda, na que se sinala, para cada caso, a que obxectivos contribúen.
Son accións de diferente natureza: de sensibilización e educación, de carácter normativo, relacionadas co financiamento, subvencións e incentivos fiscais, realización de estudos, accións de xestión, sobre equipamentos e infraestruturas, e de integración de criterios no planeamento urbanístico, entre outras, e abordan diversos ámbitos da xestión municipal.
Presentamos as accións agrupadas en catro ámbitos temáticos: persoas, prosperidade, planeta e paz e alianzas. Se ben, hai que ter en conta o carácter transversal de moitos dos ODS, polo que ofrecemos a posibilidade de facer unha consulta por ODS para ver que accións contribúen a cada un deles.
O 25 de xuño de 2020 o Concello de Santiago aproba en Pleno o inicio das tarefas de posta en marcha da Axenda Urbana 2030 para Santiago de Compostela coa análise da situación e coa elaboración dun plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030 así como a adhesión á «Rede de entidades locais para a Axenda 2030» impulsada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), sumándose así a este movemento global.
Ademais o 8 de abril de 2021 asínase o protocolo entre a Secretaría xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e o Concello de Santiago no que se recolle a colaboración entre ambas entidades para a realización dun Plan de acción por parte da entidade municipal que sirva de proxecto piloto para outros municipios no ámbito da Axenda Urbana Española. A Axenda Urbana Española, tomada en consideración polo Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións a levar para facer dos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados. É tamén unha política con capacidade de acelerar a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en todas aqueles fitos que ten unha compoñente territorial e urbana e, en particular, o ODS 11 sobre cidades sostibles, inclusivas, seguras e resilientes. Constitúe un verdadeiro «menú á carta» para que todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios plans de acción.

Persoas
Accións que principalmente dan resposta ás metas que teñen que ver co benestar das persoas.

Planeta
Accións que teñen que ver co coidado do medio e dos elementos que o integran.

Paz e alianzas
Accións que poden contribuír á redución da violencia e á constitución de institucións eficaces e transparentes.