Que ODS están dirixidos á prosperidade?
Este ámbito temático está centrado no cumprimento dos ODS:
- Enerxía accesible e non contaminante
- Traballo decente e crecemento económico
- Industria, innovación e infraestrutura
- Redución das desigualdades
- Cidades e comunidades sostibles
Recolle todas aquelas accións que procuran un desenvolvemento económico que non dane o planeta e camiñen na senda do progreso a través da innovación, do desenvolvemento de fontes de enerxía non contaminante e da creación de emprego de calidade en comunidades sostibles, inclusivas e resilientes.