Que ODS están dirixidos ao planeta?
Este ámbito temático está centrado no cumprimento dos ODS:
- Auga limpa e saneamento
- Produción e consumo responsables
- Acción polo clima
- Vida submariña
- Vida de ecosistemas terrestres
Recolle todas as accións que teñen que ver co coidado do medio e dos elementos que o integran, os sistemas hidrográficos, océanos, ecosistemas terrestres como bosques, montes, biodiversidade, así como o desenvolvemento de políticas e plans sensibles á súa protección e a mobilización de recursos suficientes para levalos a cabo, no que xoga un importante papel a produción e o consumo responsables.