Obxectivo 9: Industria, innovación e infraestruturas
Para conseguir unha economía robusta son necesarios investimentos en infraestruturas (transporte, regadío, enerxía, tecnoloxía da información e as comunicacións). Estas son fundamentais para acadar un desenvolvemento sostible, fomentar unha maior estabilidade social e conseguir cidades máis resistentes ao cambio climático.
Un aspecto importante que cómpre considerar é a emisión de dióxido de carbono durante os procesos de fabricación. Estas emisións diminuíron na última década en moitos países, pero non houbo unha diminución uniforme a nivel mundial. Tampouco a redución global foi a que se esperaba.
O progreso tecnolóxico é fundamental para poder alcanzar os obxectivos ambientais, como o aumento de recursos e a eficiencia enerxética. Sen tecnoloxía e innovación, a industrialización non ocorrerá e sen industrialización non haberá desenvolvemento. A sustentabilidade non pode ocorrer sen unha innovación continua pero esta perderá sentido se non vai orientada á sustentabilidade.
A nivel local, este obxectivo implica fomentar a mellora do comportamento ambiental das actividades do municipio e a súa adecuación legal, así como fomentar a tecnoloxía e a innovación continuas orientadas ao coidado do planeta.