Obxectivo 6: Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todas as persoas
A auga libre de impurezas e accesible para todas as persoas é parte esencial do mundo que queremos vivir. Hai suficiente auga doce no planeta para lograr este soño. Porén, actualmente, o reparto da auga na actualidade non é o adecuado e para o ano 2050 espérase que polo menos o 25% da poboación mundial viva nun país afectado por escaseza crónica e retirada de auga.
A escaseza de recursos hídricos, xunto coa mala calidade da auga e o saneamento inadecuado repercuten na seguridade alimentaria, os medios de subsistencia e a oportunidade de educación para as familias pobres en todo o mundo.
Se hai suficiente auga doce no planeta para lograr este obxectivo, poderase acabar coa seca que afecta a algúns dos países máis pobres do mundo, e que agrava a fame e a desnutrición neles.
É necesario mellorar: o acceso a auga apta para o consumo e ao saneamento, a xestión racional dos ecosistemas de auga doce entre as comunidades locais en varios países en desenvolvemento do mundo. Tamén é necesario mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación e aumentando o uso eficiente deste recurso imprescindible para a vida.
A nivel local, este obxectivo aborda o control e a xestión dos recursos hídricos, a racionalización do seu consumo, a diminución do risco de contaminación e a garantir a calidade das augas de uso lúdico, así como sensibilizar a comunidade local e fortalecer a súa participación na mellora da xestión da auga e o saneamento.