Obxectivo 16: Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas
Para poder crear sociedades pacíficas e inclusivas é imprescindible acabar con problemas como o homicidio intencional, a violencia contra nenas e nenos, a trata de persoas e a violencia sexual e abrir un novo camiño cara á provisión de acceso á xustiza para todos e todas e para a construción de institucións efectivas e responsables en todos os ámbitos e niveis.
A violencia pon en risco miles de persoas en todo o mundo, especialmente en América Latina, África subsahariana e Asia. As violacións dos dereitos humanos, sobre todo da infancia e as mulleres, seguen asolando a moitos países, porque a falla de información e de datos agravan o problema.
Para facer fronte a estes desafíos e construír sociedades máis pacíficas e inclusivas, é necesario que se establezan regulamentos máis eficientes e transparentes, así como orzamentos gobernamentais integrais e realistas e a creación de institucións nacionais de dereitos humanos máis independentes en todo o mundo.
A nivel municipal, este obxectivo fala de convivencia, seguridade cidadá, multiculturalidade e paz. Aborda tamén a rendición de contas, a transparencia institucional, a coordinación interdepartamental e con outras entidades ou iniciativas relacionadas coa sostibilidade. Este obxectivo trata sobre reducir significativamente todas as formas de violencia.