VIDA SUBMARINA
No ODS 14 poden ser metas de referencia local: 14.1
14.1 De aquí a 2025, previr e reducir significativamente a contaminación mariña de todo tipo, en particular a producida por actividades realizadas na terra, inclusive os detritos mariños e a polución por nutrientes.
14.2 De aquí a 2020, xestionar e protexer de xeito sustentable os ecosistemas mariños e costeiros para evitar os efectos adversos importantes, inclusive fortalecendo a súa resiliencia, e adoptar as medidas para restauralas co fin de restablecer a saúde e a produtividade dos océanos.
14.3 Minimizar e abordar os efectos da acidificación dos océanos, mesmo mediante unha maior cooperación científica en todos os ámbitos.
14.4 De aquí a 2020, regulamentar eficazmente a explotación pesqueira e poñer fin á pesca excesiva, á pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e ás prácticas pesqueiras destrutivas, e aplicar plans de xestión con fundamento científico para restablecer as poboacións de peixes no prazo máis breve posible, polo menos alcanzando niveis que poidan producir o máximo rendemento sostible de acordo coas súas características biolóxicas.
14.5 De aquí a 2020, conservar polo menos o 10% das zonas costeiras e mariñas, consonte as leis nacionais e o dereito internacional e sobre a base da mellor información científica dispoñible.
14.6 De aquí a 2020, prohibir certas formas de subvencións á pesca que contribúen á sobrecapacidade e á pesca excesiva, eliminar as subvencións que contribúen á pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e absterse de introducir novas subvencións desa índole, recoñecendo que a negociación sobre as subvencións á pesca no marco da Organización Mundial do Comercio debe incluír un trato especial e diferenciado, apropiado e efectivo para os países en desenvolvemento e para os países menos adiantados.
14.7 De aquí a 2030, aumentar os beneficios económicos que os pequenos estados insulares en desenvolvemento e os países menos adiantados obteñen do uso sostible dos recursos mariños, en particular mediante a xestión sostible da pesca, a acuicultura e o turismo.
14.A Aumentar os coñecementos científicos, desenvolver a capacidade de investigación e transferir tecnoloxía mariña, tendo en conta os criterios e directrices para a transferencia de tecnoloxía mariña da Comisión Oceanográfica Intergobernamental, co fin de mellorar a saúde dos océanos e potenciar a contribución da biodiversidade mariña aos países en desenvolvemento, en particular aos pequenos estados insulares en desenvolvemento e aos países menos adiantados.
14.B Facilitar o acceso das persoas que se dedican á pesca artesanal aos recursos mariños e aos mercados.
14.C Mellorar a conservación e o uso sostible dos océanos e dos seus recursos aplicando o dereito internacional reflectido na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, que constitúe o marco xurídico para a conservación e a utilización sostible dos océanos e dos seus recursos, como se lembra no parágrafo 158 do documento O futuro que queremos tendo en conta as negociacións en curso da Organización Mundial do Comercio, o Programa de Doha para o desenvolvemento e o mandato da Declaración ministerial de Hong Kong.