Obxectivo 10: Redución das desigualdades en e entre os países
A pesar de que a comunidade internacional logrou grandes avances sacando as persoas da pobreza, seguen existindo desigualdades e grandes disparidades no acceso aos servizos sanitarios e educativos e a outros bens produtivos.
Ademais, aínda que a desigualdade entre países tense reducido, dentro dos propios países aumentou, pois o crecemento económico non é suficiente para reducir a pobreza se non se teñen en conta as tres dimensións do desenvolvemento sostible: económica, social e ambiental.
Por esta razón, recoméndase a aplicación de políticas universais que se centran nas necesidades das poboacións desfavorecidas e marxinadas co fin de reducir as desigualdades. É necesario que se produza un aumento no trato libre de aranceis ademais de seguir favorecendo as exportacións de países en desenvolvemento, así como aumentar a participación do voto dos países en desenvolvemento dentro do Fondo Monetario Internacional (FMI).
A nivel local, este obxectivo aborda a inclusión social e a integración plena da poboación inmigrante e a promoción da igualdade para todos os sectores da poboación, así como promover un adecuado equilibrio entre vivenda libre e protexida.