SOCIEDADE CIVIL ANTE OS ODS

As entidades da sociedade civil, e específicamente as ONG, contribúen á consecución da Axenda 2030 levando a cabo proxectos e programas para acabar coa pobreza, reducir as desigualdades e apoiar a colectivos vulnerables entre outros. 

Outro dos roles esenciais destas entidades é a súa función de sensibilización e incidencia política para alinear a acción dos poderes públicos coa Axenda. Son unha excelente canle de comunicación para trasladar a mensaxe da Axenda á cidadanía.

Ademáis, para o logro dos obxectivos e metas é fundamental a creación de alianzas, situando a sociedade civil como un dos principais actores para levalas a cabo “[…] fomentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas pública, público-privada e da sociedade civil, aproveitando a experiencia e as estratexias de obtención de recursos das alianzas” (meta 17.17)

Por tanto, de xeito indubidable é esencial que os actores que forman parte do terceiro sector social asuman plenamente os desafíos da Axenda, xa que o seu papel é crucial para que esta sexa viable en todos os niveis: local, autonómico, estatal e global.

Entendedo os ODS. Que poden facer as ONG?

Os ODS definen un marco de acción común e abranguen unha ampla gama de temas interconectados a través das dimensións económicas, sociais e ambientais do desenvolvemento sostible.

O establecemento dun compromiso pola consecución da Axenda mediante unha declaración pública é un dos pasos fundamentais para comenzar a integrar os ODS dentro da estratexia da organización. Este compromiso debe ser compartido con outros actores a través de diferentes medios: páxina web, redes sociais, memoria da organización, ou calquera outro medio que visibilice este paso xa que unha das tarefas máis importantes das ONG en canto á consecución da Axenda 2030 é a relativa á súa función comunicativa e sensibilizadora. O estreito vínculo entre as ONG e a cidadanía convérteas en potentes catalizadoras da mensaxe da Axenda 2030 cara á sociedade. 

Definindo prioridades

Aínda que os impactos da ONG na Axenda estarán maioritariamente relacionados cos proxectos e programas que se leven a cabo, a xestión interna tamén implica unha serie de impactos positivos e negativos que é preciso avaliar. Por exemplo, o uso dun vehículo de gasolina propiedade da organización impactará de xeito negativo no ODS 13, acción polo clima, e no ODS 11, cidades e comunidades sostibles. 

Para cada un dos obxectivos en que a entidade teña identificado impactos é preciso seleccionar un o máis indicadores que expresarán a relación entre as actividades da organización e o seu impacto na contribución aos ODS, de tal xeito que o desempeño desta contribución se poida comprobar e seguir ao longo do tempo. 

Establecendo obxectivos

A través do marco da Axenda 2030 as ONG poden fixar compromisos significativos aliñados cos ODS e metas concretas e, deste xeito, comunicar as súas accións e programa con maior efectividade. 

Unha vez definidos os obxectivos é preciso facelos públicos para mostrar as aspiracións da organización e reforzar o seu liderado como axente clave na consecución dos ODS. Esta publicidade proporciona ademais importantes vantaxes á hora de trazar alianzas con outros actores. 

Integrando

É fundamental integrar o marco da Axenda en todas as áreas e accións da organización e non só nas accións que realiza, senón tamén na súa xestión interna. Por exemplo, a xestión de programas de estilos de vida saudable aos empregados da organización, a contratación de persoas en situación de vulnerabilidades etc., son medidas que se poden levar a cabo tamén dende as funcións internas de recursos humanos e que terán un impacto positivo nos ODS. 

Por outra parte, os ODS son unha oportunidade única para a creación de sinerxias entre o terceiro sector e as empresas, aproveitando as áreas que constitúen ao mesmo tempo un interese crave para a sociedade civil e unha oportunidade de negocio para o sector privado. 

Neste tipo de alianzas, as entidades do terceiro sector fornecen coñecementos específicos en temáticas moi particulares, por exemplo, en ámbitos como a igualdade da muller, a fame, a pobreza… Ademais, adoitan ter presencia local e proximidade cos problemas, coñecendo as necesidades dos mercados e das comunidades locais. As empresas pola súa banda achegan capacidade de xestión, flexibilidade, tecnoloxía e recursos técnicos e financieiros cos que poder maximizar o valor destas alianzas.

Reportando e comunicando

O último paso para a integración dos ODS na organización é comunicar nos diferentes medios dos que dispón (páxina web, redes sociais, memoria, informe de compromiso, etc.) todo o traballo desenvolto para contribuir ao logro da Axenda. Neste sentido é recomendable comunicar:

O compromiso específico da organización pola consecución dos ODS 

As razón que a levan á elección de cada ODS como prioritario e as accións realizadas dende a organización para a súa contribución.

Os compromisos públicos establecidos e o progreso realizado na súa consecución, tomando como referencia os indicadores identificados como relevantes.

A contribución aos ODS a través da integración en toda a organización e mediante a creación de alianzas con outros actores.