Que ODS están dirixidos ás persoas?
Este ámbito temático está centrado nos cinco primeiros ODS:
- Fin da pobreza
- Fame cero
- Saúde e benestar
- Educación de calidade
- Igualdade de xénero
Recolle as accións que principalmente dan resposta ás metas que teñen que ver co benestar das persoas, respectando os límites do planeta e non deixando a ninguén atrás.