Nacións Unidas aproba a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible e os estados membros comprométense a facela realidade
“Estamos decididos a poñer fin á pobreza e a fame en todo o mundo de aquí a 2030, a combater as desigualdades dentro dos países e entre eles, a construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas, a protexer os dereitos humanos e promover a igualdade entre os xéneros e o apoderamento das mulleres e as nenas, e a garantir unha protección duradeira do planeta e os seus recursos naturais”, sinalaron os Estados na resolución do 25 de setembro de 2015 da Asemblea Xeral de Nacións Unidas na que se aprobou a Axenda 2030.
A Axenda 2030 establece 17 obxectivos con 169 metas que abarcan as esferas económica, social e ambiental, e son unha chamada a todos os países, xa sexan ricos, de ingresos medianos ou pobres, a realizar súas as medidas para promover a prosperidade ao tempo que protexen o planeta. Esta nova estratexia rexerá os programas de desenvolvemento mundiais desde 2015 ata 2030. Os Estados que a aprobaron comprometéronse a mobilizar os medios necesarios para a súa implementación.
Estamos ante un plan de acción mundial a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, no que as alianzas e a participación de todos e todas, gobernos, sector privado e sociedade civil, son necesarias para avanzar pola senda do desenvolvemento sostible.