Sociedade para a promoción e apoio de iniciativas empresariais innovadoras que parten da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico da Universidade de Santiago

Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S. L.- UNINOVA

Impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais fortemente innovadoras. Xestiona ademais o edificio Emprendia, con máis de 3.000 m2 de espazos de incubación dispoñibles para empresas altamente innovadoras e un ecosistema completo de apoio ao emprendemento.

É unha sociedade mercantil que ten como finalidade potenciar o desenvolvemento de iniciativas empresariais partindo da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela, para contribuír á consolidación na nosa cidade dun tecido produtivo e de servizos avanzados con matiz innovador.

Ofrece programas e servizos de incubación física e virtual como pre-incubación para maduración de proxectos empresariais, incubación de startups e spin offs xurdidas do coñecemento xerado na USC, acceso a formación interna e externa e ferramentas de apoio nacionais e internacionais. A incubación virtual ofrece ás empresas incubadas ter en Uninova a súa razón social, acceso a salas de reunións do edificio, recollida de correspondencia, atención chamadas telefónicas, recollida de paquetería, asesoramento…

Tamén facilita o acceso ao financiamento a través de UNIRISCO, sociedade de capital risco constituída pola USC, UDC, UVI e diversas entidades financeiras e empresariais galegas.