Un proxecto ambiental para impulsar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental

Tropaverde

Dos 17 proxectos Urbact, financiados pola Comisión Europea, que se desenvolven en España, o de Tropaverde é o único especificamente mediambiental. No 2017 foi recoñecido por Urbact como boa práctica pasando a ser socio principal para promover esta práctica que xa se está implantando noutros concellos de Galicia e noutros países da UE, como Francia, Grecia ou Hungría.

A Tropa Verde é unha plataforma multimedia creada por Santiago de Compostela para fomentar a reciclaxe e o comportamento ambiental responsable. Mediante xogos e recompensas, a cidadanía pode gañar cupóns por reciclar e cambialos por premios do Concello e dos comercios retallistas locais asociados á plataforma.  Polo tanto, conecta tres elementos necesarios para conseguir ese obxectivo:

  • A cidadanía
  • Os puntos de recollida de residuos onde nos premiarán con cheques de Tropaverde.
  • Comercios e establecementos de hostalería nos que se obteñen agasallos ou descontos.

A Tropaverde promove a recollida de aceite, tapóns, tóner de impresoras, roupa, pilas, cartón e papel.

En dous anos, esta iniciativa desenvolvida por Teimas Desenvolvemento xunto co Concello de Santiago e Urbaser, conseguiu a adhesión de máis de 3.000 cidadáns, a participación de 115 patrocidadores locais, entregáronse 800 recompensas a cambio de 16.000 accións de reciclaxe, recolectáronse miles de litros de aceite usado e máis de 3.000 eletrodomésticos. No marco desta iniciativa tamén se realizan obradoiros, campañas de sensibilización, accións de rúa..

Premios cidade sostible. A cidade de Santiago de Compostela recibiu na edición número 13 da Fundación Forum Ambiental, o diploma como finalista na categoría de xestión de residuos pola iniciativa Tropaverde.