Un novo modelo de cidade, máis igualitaria, integradora e libre de violencia machista

Territorio das Mulleres é un proxecto iniciado no 2015 en Santiago de Compostela que pretende contribuír a un novo modelo de cidade, máis igualitaria, integradora e libre de violencia machista, implicando niso a distintos axentes sociais e económicos que se comprometen a adoptar unha perspectiva de xénero. O proxecto conta con máis de trinta hoteis, restaurantes e institucións que xa se converteron nos portavoces e axentes motores de TM. Para identificar os lugares que se van sumando á iniciativa creáronse unha marca e unha plataforma que recollen o empoderamento da muller na cidade, as distintas confluencias e o traballo en rede. Un proxecto pioneiro de confluencias transversais que ademais sitúa o turismo como unha área estratéxica e innovadora para converter a Santiago nunha cidade women friendly.

Así, Compostela TM é un proxecto de confluencias con carácter feminista que comprende diversas ferramentas coas que pretendemos facer de Santiago de Compostela unha cidade amigable para as mulleres.

Enlace a web oficial

http://tm.santiagodecompostela.gal/