Programa de promoción e recrutamento do talento e de adaptación á transformación dixital

TALENTIA SUMMIT

A Axencia Local de Colocación (ALC) está comprometida coa promoción e recrutamento do talento, e desde 2018 organiza cada ano un foro centrado neste obxectivo, como Talentia 2018 e Talentia Summit ’19, encontros de profesionais enfocados no talento e no emprego cuns obxectivos claros:

  • Promover o desenvolvemento e o recrutamento do talento
  • Comprender o impacto da transformación dixital
  • Compromiso cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 da ONU.

Durante os foros de Talentia realízanse múltiples actividades formativas, sobre coñecementos e habilidades dixitais, probas de certificación oficiais de nivel de idiomas, ferramentas para facer máis atractivo o perfil profesional e a súa proxección dixital, sesións de mentoring personalizado, entre moitas outras, ademais de conferencias sobre experiencias locais, rexionais, nacionais e internacionais de xestión e captación do talento. E, mediante stands de recrutamento de talento das empresas presentes en Talentia, xérase unha conexión cara a cara con moitas das organizacións máis relevantes do momento que se amosan comprometidas co talento.

Ademais de Talentia, o compromiso da ALC coa promoción e recrutamento do talento conta desde 2020 cun novo recurso, o Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela.