Xestión intelixente, sustentable e innovadora dos residuos sólidos urbanos, a mobilidade e a conservación do patrimonio

Smartiago

A iniciativa de Europa 2020 “Unión pola innovación” recoñece a importancia da Compra Pública de Innovación e ou seu elevado potencial para impulsar a innovación. A iniciativa establece que as administracións públicas deben utilizar a contratación pública cofinanciada polos fondos estruturais para aumentar a demanda de produtos e servizos innovadores.

O Concello de Santiago de Compostela conta coa iniciativa SMARTIAGO para responder a estes retos implicando no seu proceso a axentes do Sistema de I+D+i local, rexional e nacional. O seu obxectivo principal é converter a Santiago de Compostela na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de xeito que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas. Ademais, SMARTiAGO permitirá posicionarse tecnoloxicamente nun campo novo, a empresas con grande capacidade tecnolóxica, á Universidade e aos Centros de I+D+i do ecosistema local.

SMARTIAGO desenvolverá as seguintes actuacións:

  1. Xestión sostible e intelixente de residuos sólidos urbanos (RSU). Novo modelo de depósito e tratamento de residuos orgánicos para acadar os obxectivos marcados pola UE e unha nova forma de relación coa cidadanía que premie o depósito axeitado de RSU.
  2. Mobilidade intelixente e sostible. Racionalización do modelo de carga e descarga na zona vella e zona centro para reducir conxestións de tráfico e reducir as emisións de gases contaminantes, evitar danos no pavimento histórico e o bloqueo de vías de servizo.
  3. Alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio. Contribuirá á conservación do patrimonio e a mellora da eficiencia enerxética dos edificios patrimoniais con luminarias deseñadas e fabricadas segundo o modelo de economía circular.

Smartiago é un proxecto de referencia non só en Galicia, senón tamén a nivel internacioanal que se enmarca no Programa Operativo Plurirexional de España (POPE 2014-2020) – Fondos FEDER.