Programas, servizos, iniciativas e actividades para a promoción económica local mediante a consolidación das empresas e a promoción do emprendemento local

Servizo de apoio á empresa – SAE

Mediante este servizo, Promoción Económica ofrece um apoio integral ás empresas, aos comercios, asociacións de comerciantes, profesionais e outras entidades e, tamén, ás persoas emprendedoras do concello de Santiago de Compostela, co obxectivo principal de promover o emprendemento e a consolidación das empresas do tecido económico local.

Para acadar os seus obxectivos, o SAE pon a disposición das persoas, empresas e entidades interesadas os seguintes programas, iniciativas e colaboracións:

  • Programa Santiago Investors Support, que cobre de xeito integral as diferentes etapas polas que pasa a persoa emprendedora desde a idea de negocio ata a constitución da empresa. Viveiros de empresas, no polígono de Costa Vella en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e UNINOVA en colaboración coa Universidade de Santiago-USC.
  • Compostela móvese, inclúe iniciativas como “Aposta por ti, aposta polo teu barrio” ou “Efecto proximidade”, que pretenden asesorar o pequeno comercio e procurar a fidelización de clientes mediante estratexias comerciais e de mercadotecnia.
  • Organización de eventos como Woman Emprende, primeira feira de emprendedoras de Compostela centrada no sector artesanal; FIC Rural, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña e a cooperativa Acude, e que se constitúe como o I Foro Internacional de Economía e Cultura Rural co obxectivo de buscar un cambio de modelo de desenvolvemento que poida reverter a situación do territorio rural.
  • Apoiar a promoción e consolidación da economía social, porque a situación actual demanda reforzar este sector polas oportunidades de mellora económica e social que ofrece.
  • Escaparate virtual, espazo para que as empresas de Santiago de Compostela poidan compartir a súa oferta de bens e servizos, actuacións, novidades, promocións etc., e darse a coñecer no seu contorno máis próximo para captar clientes e provedores. Na mesma liña de apoio a empresas, o Concello colabora con Santiago Centro e Área Central no proxecto Outlet Santiago, un portal multitenda de venda outlet para pequenos comercios tradicionais.
  • Actividades formativas, como por exemplo formación en agricultura biolóxica profesional e economía de proximidade, plans de formación continua, xornadas formativas e informativas, encontros comerciais e sectoriais etc.