Consumo de auga máis sustentable e respetuoso co medio

Programa piloto para a promoción do consumo de auga de billa en locales de hostalaría.

O obxectivo desta iniciativa é acadar un consumo de auga máis sustentable e respectuoso co medio e axudar a cambiar os hábitos da cidadanía menos afeita a consumir este tipo de auga. Grazas ao seu rigoroso control, a nosa auga conta cuns niveis de calidade excepcionais. Ademais, con ela contribúese a coidar o medio, xa que o seu consumo ten unha mínima pegada ambiental.

A auga da traída de Santiago conta coa certificación ISO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable, un recoñecemento implantado nas industrias alimentarias de referencia que se comezou a introducir tamén nalgúns abastecementos de auga de consumo humano.

Ademais, estudos feitos en laboratorio sinalan que a auga da billa de Compostela ten niveis de calidade idénticos aos da auga embotellada, cun grao de mineralización débil, niveis intermedios de PH e baixo contido en sodio.

Consulta o PLAN COMPLETO EN PDF

PDF. 9. Santiauga. Compromiso de participación