Apostando polo galego como lingua de cohesión social

SANTIAGO CIDADE EDUCADORA

Partindo da concepción dunha educación pública de calidade, laica, promotora da igualdade, participativa, inclusiva, galega e cooperativa, enténdese a materia dun xeito amplo, sen restrinxila a un departamento, senón facendo que estea presente en todas as rúas, parques, dependencias, municipais, parroquias…

O Concello de Santiago traballa neste eido planificando, facendo prospección educativa, conservando e mellorando a calidade dos centros escolares, garantindo a escolarización plena, o equipamento e os recursos didácticos das escolas municipais, colaborando na programación de novas necesidades, promovendo o desenvolvemento dos servizos educativos complementarios, as funcións socioformativas, as compensadoras, combatendo a desigualdade, a pobreza e a exclusión tamén dende a educación, a aprendizaxe e o goce da música e a danza, a función orientadora, a extraescolar, o lecer formativo ou a alfabetización audiovisual, entre outras.