Un plan para aumentar a eficiencia enerxética, reducir o consumo e o impacto dos gases de efecto invernadoiro

Plan de acción para a enerxía sostible Santiago

En xuño de 2017 o Concello presentou o Plan de acción para a enerxía sostible Santiago, que fará regularmente un inventario de emisións e define accións que teñen como obxectivo aumentar a eficiencia enerxética e reducir o consumo de enerxía en Compostela e o impacto de gases de efecto invernadoiro. O documento fixa o horizonte temporal de 2030 para reducir nun 40% as emisións de CO2 en todo o termo municipal, tal e como establece o Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía.

Segundo o inventario de emisión preparado no Plan de acción, en 2015 o concello de Santiago emitiu á atmosfera arredor de 590 toneladas de CO2, o que supón 6,2 toneladas/habitante. Os sectores que máis contribúen ás emisións son a industria, responsable do 37% e o transporte cun 28,6%, o que supón que entre ambos son responsables de case dous tercios das emisións, concretamente dun 65,6%. En canto á análise do consumo de enerxía en Santiago, situábase en 2015 en case 1.850.000 Mwh, equivalente a 19,3 Mwh/habitante. O tipo de enerxía máis consumida é a eléctrica cun 38% seguida do fuel oil cun 35%.

Edificios e instalacións municipais. Despois do inventario de emisións, a segunda parte do Plan de acción para a enerxía sostible reúne as medidas que axudan a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e que afectan a edificios e instalacións municipais, iluminación pública, transporte e xestión de residuos. Entre as medidas destaca a previsión da reducción das emisións do transporte nun 39% para 2030.

Edificios domésticos e empresas. As medidas do Plan teñen como obxectivo a formación e a sensibilización das persoas e dos técnicos para lograr un cambio de comportamento que permita a transición a enerxías renovables. Para este fin, prevese a organización de obradoiros de eficiencia enerxética nos fogares ou a implementación dun plan para o uso de enerxías renovables nos edificios residenciais. Na mesma liña, e para o caso da industria, o PAES quere fomentar o uso de enerxías limpas mediante reduccións no IAE e celebrar conferencias e accións técnicas para promover a economía circular.

Consulta o PLAN COMPLETO EN PDF

PDF. 12. PAES