Proceso de participación pública na elaboración do Plan estratéxico de turismo 2017-2022 que contou con todos os axentes máis relevantes do sector turístico

PARTICIPACIÓN PÚBLICA NA ELABORACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO

Na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago de Compostela 2017-2022, desenvolveuse un proceso de participación pública no que se organizaron seis comisións de traballo, oito entrevista en profundidade e enquisas que permitiron enriquecer a diagnose e amosar o estado actual do destino turístico da nosa cidade, e que aportaron o coñecemento, a experiencia, a percepción , as necesidades e as propostas de todos os axentes sociais relevantes na realidade do sector turístico compostelá.

En xeral, a cidade presenta unha serie de problemáticas propias dun destino consolidado e con gran capacidade de atracción de visitantes como son:

  • Unha acusada masificación en lugares reducidos e con alta fraxilidade patrimonial sendo necesario establecer medidas de control e ordenación de fluxos.
  • É preciso ter en consideración o risco de diminución do nivel de calidade da experiencia turística durante os picos de asistencia. Apúntase, tamén, cara un empobrecemento da experiencia do peregrino.
  • Incrementouse a especulación coa vivenda e locais comerciais que se destinan a usos turísticos e non residenciais.