Compromiso co medio e a reciclaxe

Web Onde o tiro?

A web Onde o tiro.. ofrece información a cidadanía sobre os puntos de recollida para o tratamento dos distintos residuos ou para a súa doazón (téxtil e calzado) dentro dunha dinámica de economía circular. O modelo actual de recollida de lixo no Concello de Santiago de Compostela é o chamado de catro fraccións, con colectores situados de forma xeral por toda a extensión xeográfica do municipio: vidro, colector verde; envases lixeiros, colector amarelo; papel e cartón, colector azul; resto ou rexeitamento.

A maiores, existen tamén recollidas específicas de roupa usada (téxtil), aceite de fritura, pilas, medicamentes, aparellos eléctricos e electrónicos e os puntos limpos do Tambre e Piñor ao que se suma o punto limpo móbil.