Promoción do asociacionismo xuvenil e da dinamización sociocultural da xuventude de Santiago de Compostela

O Departamento de Mocidade canaliza a política municipal en materia de xuventude, promovendo medidas que abranguen no só cuestións económicas e de emprego, senón tamén de promoción dunha maior participación da mocidade na adopción das políticas que lles afectan.

Desenvolve iniciativas propias dirixidas á xuventude, así como as que xorden dos propios colectivos cun labor de apoio e asesoría técnica ou establecendo as correspondentes liñas de axuda. As actividades formativas, as novas tecnoloxías, as melloras fiscais, a información, o deporte ou os intercambios culturais son un importante eixe das posibilidades, demandas e ofertas para a mocidade de Santiago.

Actualmente está en funcionamento unha rede de 32 puntos de información xuvenil (PIX), estendidos polos institutos de ensinanza, colectivos xuvenís e centros socioculturais que descentraliza o labor informativo e retroalimenta o propio Departamento de Mocidade.

Entre as actividades de dinamización da mocidade que se realizan dende este departamento caben destacar as seguintes:

  • Actividades formativas para colectivos xuvenís do medio rural
  • Apoio a proxectos das asociacións xuvenís e educativas
  • Campaña de promoción do asociacionismo e o voluntariado
  • Encontro do asociacionismo xuvenil de Compostela
  • Formación en xénero e práctica educativa
  • Locais de ensaio de San Lázaro
  • Obradoiros de deseño de páxinas web, teatro, fotografía…
  • Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral