Compostela unha cidade diversa, inclusiva e feminista

O IV Plan de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela nace coa intención de ser o instrumento orientador fundamental da política municipal e constitúe o marco de actuación sobre o que desenvolver as políticas locais de xénero para os próximos anos, un plan para construír unha Compostela na que as mulleres teñan voz e capacidade de decisión, na que a precariedade e a pobreza que actualmente sofren maiormente as mulleres vaia erradicándose, un territorio no que poidamos gozar dunha vida libre de violencias machistas, na que a tarefa dos coidados e as tarefas domésticas estean repartidas de xeito equitativo e xusto, na que se recoñeza a diversidade sexual, cultural e relixiosa, en definitiva, un lugar onde as mulleres se sintan protagonistas e iguais na vida económica, cultural social e política.

O IV Plan de Igualdade constitúe unha ferramenta imprescindible para a intervención do Concello, marcando os obxectivos, as estratexias, as accións e o seu calendario, así como os recursos necesarios para facer de Compostela un concello amable coas mulleres. Porque o eido local é o espazo estratéxico mais idóneo en tanto espazo de proximidade para reverter as desigualdades de xénero existentes e poder construír colectivamente un municipio en igualdade.

Un plan con capacidade de incidencia na definición de como queremos que sexa o espazo público, as infraestruturas, as formas de mobilidade, as vivendas, os servizos sociais, educativos…ou o modelo cultural da cidade. En definitiva, unha Compostela inclusiva, diversa e feminista.

Leer Plan completo en PDF

PDF. 1. IVPlanIgualdade_2017-2020