Santiago de Compostela forma parte do Eixo Atlántico (Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal) que promove a cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal

EIXO ATLANTICO DO NOROESTE PENINSULAR

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular nace o 1 de abril de 1992 coa declaración de Porto, configurándose como unha asociación de municipios urbanos. Actualmente, forman parte do Eixo Atlantico 35 municipios, 16 de Galicia e 17 do Norte de Portugal aos que hai que sumar a eurocidade Chaves-Verín e a Deputación de Lugo, que en conxunto representan a 7.000.000 millóns de habitantes.

O obxectivo principal do Eixo Atlántico é promover a cooperación transfronteiriza, que as cidades de ambos lados da fronteira traballen xuntas e se posicionen como protagonistas  na Unión Europea, impulsando o desenvolvemento a través de diferentes ámbitos: deporte, xogo, educación, cultura, turismo, feiras ou na defensa das infraestruturas entre moitas outras áreas.

Outra actividade importante do Eixo Atlántico é a captación de fondos europeos para investir nesta eurorrexión. Entre os proxectos activos que xestiona o Eixo Atlántico destacan:

  • EURE (Interreg España-Portugal). Busca que as cidades europeas reduzan os seus residuos, fagan unha adecuada xestión ambiental e implementen a economía circular nas súas políticas.
  • MC2- Masa crítica e cooperación (Interreg España-Portugal). O obxectivo é desenvolver a axenda urbana.
  • Sistema urbano (Interreg España-Portugal). Sobre xestión sostible de recursos, economía verde e desenvolvemento intelixente urbano.
  • Destino fontreira. (Interreg España-Portugal). Sobre turismo integrado da fronteira luso-española.
  • EPICA (Interreg Europe). Sobre mellora e desenvolvemento de instrumentos de cooperación transfronteiriza en protección do patrimonio cultura e natural.
  • Eurorrexión 2020 (Fondos FEDER). Obxectivo de mellorar a competitividade nos seus sectores estratéxicos.
  • Eixo interior (Fondos FEDER). Programa de cohesión territorial e impulso do desenvolvemento urbano do interior.
  • RIET (Fondos FEDER). Para a posta en marcha dunha rede de entidades transfronteirizas.
  • ADL (Fondos FEDER). Obxectivo, deseñar a axenda dixital local adaptable ás peculiaridades de cada zona.