Participación cidadá

Consello Municipal de Relacións Veciñais. O Concello quere dar resposta á transversalidade que en esencia ten a democracia participativa. Entre as funcións deste departamento está velar polo correcto funcionamento das canles de participación establecidas regulamentariamente e polas axeitadas relacións entre os órganos de participación cidadá e o Concello.

Trata de garantir a participación e a decisión da veciñanza na xestión dos asuntos do Concello, dende un enfoque de equidade, solidariedade, cooperación e inclusión social. Así, canaliza as peticións e consultas da cidadanía e dos colectivos e entidades, rexistrando as súas peticións, queixas, suxestións, iniciativas e propostas, realizando igualmente os trámites administrativos necesarios. É o departamento encargado de habilitar as diversas fórmulas para dinamizar a participación da cidadanía.