En Santiago de Compostela viven 20.000 persoas maiores, case o 25% da poboación local

Consello Municipal de Persoas Maiores

Este Consello Municipal foi disolto en 2012, polo que en 2020 estudarase se é necesario crear un novo ou reactivar o antigo.

Paralelamente, o Concello creará un grupo de traballo específico para estudar a situación das persoas maiores, un colectivo que supón máis de 20.000 persoas, moitas das cales viven soas, e destas, moitas sobrepasan os 80 anos. O obxectivo é formular políticas de apoio concretas en materias como seguridade, información, tramitación e atención.