Santiago quere ser unha cidade sen barreiras, accesible a todas as persoas
Consello Municipal de Accesibilidade
O Consello Municipal de Accesibilidade é un órgano colexiado de participación de carácter consultivo non vinculante, que ten como obxectivo servir de canle de participación e diálogo dos interlocutores sociais no desenvolvemento da política de accesibilidade do Concello de Santiago.
No Consello están representados todos os grupos municipais, o Consello de Relacións Veciñais e as entidades vinculadas ás discapacidades sensoriais, psíquicas e cognitivas, e físicas, así como das enfermidades mentais. Tamén participan no órgano os colexios profesionais de arquitectos, aparelladores, psicólogos e informáticos e as outras administracións con competencias na materia.
O Pleno do Consello Municipal de Accesibilidade reúnese, cando menos, unha vez cada tres meses.