Preservación e recuperación da biodiversidade

A preservación e recuperación da biodiversidade é un dos obxectivos da acción municipal, valorizando a súa contorna e establecendo medidas para a recuperación e conservación dos seus espazos naturais. Así, aplícanse criterios ecolóxicos na xestión, coidado e renovación dos parques e xardíns do concello, cun programa de uso preferente de especies autóctonas, naturalizando os parques periféricos e diversificando os hábitats. Promóvense programas de educación ambiental e participación, con especial atención aos centros educativos.