Espazo de encontro virtual de entidades e colectivos que traballan pola mellora da calidade de vida da cidadanía do municipio
COMPOSTELA INTEGRA
É unha web, un espazo de encontro virtual, promovida polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coas entidades participantes. Na sección «rede e entidades» pódese consultar información de cada unha das organizacións que compoñen e participan neste proxecto.
Consideramos que o traballo en rede é a mellor forma de enfrontarnos aos problemas estructurais que se presentan no día a día, unha óptica que está consolidada desde hai anos en moitos ámbitos de Compostela. Compostela Integra supón un paso cualitativo adiante, construíndo unha ferramenta informática específica que nos axude a manter vivo e, sobre todo, a visibilizar a intervención que de feito xa se está realizando, dándolle proxección cara ao exterior, cara as veciñas e veciños da nosa cidade. A web conta cunha intranet á que poden acceder todas as entidades participantes.
Compostela Integra nace coa idea de rendibilizar ao máximo os nosos tempos de traballo, establecer vías de comunicación mais áxiles, permitir a maior flexibilidade e o aproveitamento dos recursos existentes, e, sobre todo, coa intención de reforzar a coordinación entre iguais, sen ningún tipo de xerarquización. Na web Compostela Integra existen as seguintes redes:
- Rede de inserción sociolaboral
- Barrio das Fontiñas
- Banco de tempo
- Portal das asociacións
- Barrio San Pedro
- Vite rede
- Ensanche vivo
- Rede Conxo-Milladoiro
En cada rede participan entidades públicas e privadas de todos os ámbitos, como ANPAs, centros de ensino públicos e privados, asociacións sociais, profesionais, técnicas, entidades públicas como centros de saúde, UMAD, psiquiátrico de Conxo, centros sociocomunitarios do Concello, Cruz Vermella, Cáritas, Cociña Económica etc.