CENTROS SOCIOCULTURAIS

O concello de Santiago de Compostela conta cunha rede de 47 centros e locais sociais, xeralmente de titularidade municipal, para uso e aproveitamento sociocomunitario. O conxunto de actividades que se organizan neles están dirixidas á maior franxa de interesados posible garantindo así unha proposta global e plural que comprende:

  • Actividades culturais e de lecer como obradoiros de distintas prácticas artísticas: manualidades, pintura, flores secas, encadernación, fotografía, música ou debuxo. Exposicións e exhibicións de pequeno formato. Representacións teatrais ou mostras de música. Charlas e conferencias, mesas redondas sobre temática actualizada.
  • Actividade de promoción social e saúde como obradoiros de ioga, taichi, aromaterapia, musicoterapia, risoterapia. Charlas de educación para a saúde, alimentación, vida saudable. Clubes variados de maiores, viaxeiros, fotografía, natureza, lectura, astronomía, arte.
  • Servizos como cesión de locais para entidades e/ou xuntanzas, espazos para esposicións, lectura, xogo infantil ou aulas informáticas.

A Rede de Centros Socioculturais de Compostela compleméntase coa Rede de Bibliotecas Municipais.