Accións para unha mobilidade segura

Maiores máis seguros

O Departamento de Educación Viaria da Policia Local desenvolve este programa dirixido a persoas maiores de 65 anos que residen no rural. As charlas realizáronse nos centros socioculturais de Figueiras, Busto, A Gracia, Enfesta, Villestro e Laraño e o obxectivo é transmitir aos asistentes a necesidade de xogar un papel activo na prevención de accidentes, xa sexa como peóns, xa como condutores.

Os axentes fan fincapé na importancia de asumir a perda de condicións e a necesidade de extremar as precaucións implementando condutas seguras á hora de facer os actos habituais como cruzar unha pista ou vía urbana, utilizar o transporte público ou conducir.

Aínda que as persoas maiores soen ser moi prudentes, tamén deben ser conscientes das limitacións propias da idade: perda de visión, de oído, disminución de reflexos, etc, polo que mentras sigan conducindo deben facer revisións periódicas, segundo lles aconselleron os axentes. Tamén deben ter en conta que moitos medicamentos son incompatibles coa condución de vehículos polos efectos negativos que producen no corpo, polo que lles recomendaron comprobalo no prospecto do medicamento ou preguntar ao seu médico.