EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Persoas
Accións que principalmente dan resposta ás metas que teñen que ver co benestar das persoas.
Planeta
Accións que teñen que ver co coidado do medio e dos elementos que o integran.
Paz e alianzas
Accións que poden contribuír á redución da violencia e á constitución de institucións eficaces e transparentes.
Como afronta Santiago de Compostela a Axenda 2030?
As accións que se presentan a seguir representan os elementos operativos que se veñen levando a cabo no Concello de Santiago de Compostela desde 2016 e que van na liña da Axenda 2030. Cómpre advertir que non é unha relación exhaustiva, senón que pretende ser unha mostra representativa das que concordan cos ODS e coas metas que marca a devandita axenda, na que se sinala, para cada caso, a que obxectivos contribúen.
Son accións de diferente natureza: de sensibilización e educación, de carácter normativo, relacionadas co financiamento, subvencións e incentivos fiscais, realización de estudos, accións de xestión, sobre equipamentos e infraestruturas, e de integración de criterios no planeamento urbanístico, entre outras, e abordan diversos ámbitos da xestión municipal.
Presentamos as accións agrupadas en catro ámbitos temáticos: persoas, prosperidade, planeta e paz e alianzas. Se ben, hai que ter en conta o carácter transversal de moitos dos ODS, polo que ofrecemos a posibilidade de facer unha consulta por ODS para ver que accións contribúen a cada un deles.